CONCURSO DE MÉRITOS. ESTUDO DO PROFESORADO DA CUT.

1792

 

O profesorado agrupado na CUT Ensino elaboramos de primeira man, da man das docentes afectadas,  un reconto de prazas a consolidar no concurso de méritos en base principalmente á Disposición Adicional 8 (ocupadas por persoal anterior a 2016), que é a que de maneira colaborativa e de primeira man podemos coñecer, polo que faltarían prazas afectadas pola Disposición Adicional 6 (ocupadas sempre por interinos dende 2016) con maior dificultade de identificación para nós. Os criterios empregados foron os mesmos que sinalou a Xunta de Galicia: interinos en vacante actualmente e con antigüidade dende 2016 de forma ininterrompida.

ESTUDO TOTAL DE PRAZAS POR ESPECIALIDADES (37/200)

ESTUDO ESPECIALIDADES DE PRIMARIA

ESTUDO 12 ESPECIALIDADES DE SECUNDARIA, EOI, ESAD

ESTUDO 16 ESPECIALIDADES DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Nas especialidades analizadas, unha vez retiradas aquelas prazas con reserva que sinalou a Consellería fixemos un reconto de 1294 prazas afectadas nas 37 especialidades que testeamos, nun estudo no que sabemos que faltan máis da DA6. Non incluímos neste reconto as afectadas polo artigo 2 (concurso-oposición de estabilización).

Tras esta mostra a todas luces podemos afirmar que a Consellería de educación fixo unha oferta ridícula, non axustada á lei e insuficiente e que non se corresponde coa realidade nin coa norma a aplicar: 1101 prazas en 200 especialidades foi a súa oferta. 

Como é posible tan abismal diferenza no reconto? A que está a xogar a Xunta de Galicia? O profesorado estamos fartos dos desprezos e ninguneos desta administración. É a todas luces insultante que nos tomen por tontos cunha oferta tan absolutamente afastada da cifra de temporalidade real e novamente tratando de saltar a norma, probablemente na súa confianza en que o único sindicato motor desta loita non teña a capacidade de comprobación dos datos ofertados.

Pero nunha cousa equivócase esta administración de pleno: se o proceso de consolidación está en marcha é grazas á loita e vontade de traballo do colectivo, fartos de recortes, desprezos e faltal de consideración e valoración do noso traballo. Non vai ser agora que vaiamos parar de loitar e poñer negro sobre branco este atropelo da Xunta.

O desgoberno de Feijóo trasládase a esta consellaría que xa nos ten moi acostumadas ao caos organizativo e a afogar ás súas traballadoras nos seus dereitos. A isto únese a mesma actitude de desvalorización da función docente por parte do Ministerio de Educación que propón unha baremación da experiencia por debaixo do 50% en procesos chamados de estabilización, sendo de ata o 90% nas administracións autonómicas e locais. Acaso a adquisición de experiencia para o desempeño do profesorado ten menos valor que o doutro traballador público? Así é como o considera o ministerio nun novo exercicio de discriminación laboral nas administración públicas.

Goberno Central e Xunta de Galicia actúan contra a clase traballadora que os sostén, nomeadamente contra os docentes que cando lles interesa consideran esenciais, docentes que estamos vapuleados constantemente por cambios lexislativos, incremento burocrático e donde todo vale salvo a calidade do ensino. Para mostra un botón: a experiencia docente non vale igual que a experiencia doutros ámbitos públicos a pesar de traballar con persoas en formación e ser o ensino público un dos piares do sistema democrático.

NOTA: se queres colaborar no reconto doutras especialidades ponte en contacto con cutensino@cutgaliza.org

POR TODO ISTO SEGUIREMOS CHAMANDO Á MOBILIZACIÓN ÁS COMPAÑEIRAS DOCENTES DE FORMA INMEDIATA E CAMIÑAREMOS CARA A FOLGA EN ENSINO DE NON GARANTIRSE A NOSA CONSOLIDACIÓN. ATENTAS ÁS NOSAS REDES.