O pasado venres, 29 de novembro, tivo lugar no Café Cultural Auriense da cidade das Burgas, un concerto solidario c@s traballadores/as de T-Solar coa actuación dos grupos Maskarpone, O Sonoro Maxín e Skalingrado.
T-Solar non pode pechar! unha e outra vez, escoitouse este berro durante o concerto do pasado venres en Ourense.O Concerto de apoio @s traballador@s de T-Solar, organizado polas Asembleas Solidarias e coa inestimabel colaboración do Café Cultural Auriense, foi todo un éxito, recadándose máis de 600 euros para axudar @s traballador@s a facer fronte aos custes xudiciais que se lles impoñen por teren mantido un peche de 129 días na fábrica, na súa fábrica, para impedir o desmantelamento desta e que se perdera toda esperanza de reabrir e comezar a traballar de novo.Hoxe, e grazas a ese peche e a esa loita, a esperanza de que se volten a escoitar os ruídos do traballo na fábrica mantense viva.O conflito non rematou co peche, nin rematará ata que a Xunta (principal responsable polo seu papel subvencionador) se implique directamente no proceso e se impoña por fin unha solución para as 170 persoas traballadoras que se viron afectadas polo ERE de extinción, e que pasa polo firme compromiso de manter a actividade productiva na fábrica.Queremos agradecer aos grupos que tocaron no concerto, Skalingrado, Maskarpone e O Sonoro Maxín, pola súa implicación e o seu apoio totalmente solidario, que nos enche de ledicia e nos ven a demostrar que nestes tempos no que o individualismo e a indeferenza imperan, aínda moitas persoas manteñen viva a chama da colaboración e da solidariedade obreira, aportando cadaquén o seu grao de area para soportar, entre todas, todos os pesos e sortear todas as trabas que este sistema nos impón.Seguiremos na loita até que T-Solar reabra as súas portas.
Non ó peche de T-Solar! Viva a loita da Clase Obreira!