CONCENTRACIÓNS CONTRA A MODIFICACIÓN DA INTERRUPCIÓN VOLUNTARIA DO EMBARAZO

71

Despois das recentes declaracións do ministro de xustiza Alberto Ruíz Gallardón sobre as novas restriccións que se pretenden aplicar ao actual marco legal para a interrupción voluntaria do embarazo, facemos eco da convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres para concentrármonos todos os martes do mes de agosto ás 20:30hs diante do MARCO en Vigo.Estamos ante unha nova ofensiva do goberno neofacista do Partido Popular, que pretende excluir as malformacións conxénitas como suposto para poder interrumpir voluntariamente o embarazo, medida que degrada aínda máis os nosos xa erosionados dereitos sociais e laborais.Con este novo anuncio, a extrema dereita española busca ampliar aínda máis a represión e o control da sociedade, precarizando as nosas condicións de vida ó arrebatarnos o poder de decisión sobre os nosos corpos.Animamos a toda a nosa afiliación a participar nesta e nas demais convocatorias que se lancen desde o movemento feminista galego para visibilizar o noso total desacordo con este novo ataque patriarcal. A interrupción do embarazo é un dereito fundamental das mulleres, e a capacidade adquisitiva non pode ser un escollo á hora de exercelo, polo que desde a CUT nos sumamos a reivindicación de aborto libre, gratuito e na sanidade pública.