Unha OPE que vai en contra das directivas da UE, que se realizará nun contexto de pandemia e restricións, que non aumentará persoal e, en definitiva, unha OPE que non mellorarará o servizo público educativo pero si precarizará as súas traballadoras contratadas en fraude levando á destrución de postos de traballo.
Ano tras ano, millleiros de profesoras temporais teñen que agardar con ansiedade e angustia o destino no que traballarán o ano que vén ou saber se tan sequera o farán.
O drama humano non é importante xa que o que de verdade conta para o señor Feijóo son os anuncios mediáticos de grandes cifras que esconden tras elas os recortes, a infrafinanciación e a escaseza de recursos materiais e sobre todo humanos no ensino galego.
Agora o Goberno central, a través do ministro Iceta, parece estar ensinando as cartas despois de tanta indefinición pra solucionar alta temporalidade, sendo a súa solución: máis oposicións. Non se teñen en conta ningunha das reivindicacións dos numerosos colectivos de persoal temporal da administración que levan 3 anos reclamado estabilidade mediante mecanismos axeitados á situación extraordinaria por eles provocada.
A xustiza tampouco está da nosa parte. Tras anos de aturar a avogados estrelas que viron a galiña dos ouvos de ouro na desesperación de moita xente, non hai un cambio nos ditames dos xulgados: non haberá fixeza por demanda.
Todo isto lévanos a que a única saída é mobilización e a vontade política para amañar tamaña inxustiza. Tan só a presión das traballadoras na rúa é unha ILP levada ao arco parlamentario galego, poderá obrigar os nosos gobernantes a mudar de opinión ante a evidencia demostrable.
Para reclamar os nosos dereitos laborais e contra unha OPE declarada fraudulenta pola UE, este venres día 4 de xuño chamamos á protesta do profesorado en San Caetano.