Concentración solidaria co pobo saharauí

316

O pasado 13 de novembro o exército de Marrocos violou o acordo de cesamento de fogo co Sáhara, tras atacar un campamento civil en Guerguerat sen que os organismos e autoridades internacionais fixesen nada por impedilo.

Após a declaración do estado de guerra por parte da República Árabe Saharauí Democrática e a mobilización das forzas armadas, as persoas e organizacións solidarias non podemos facer outra cousa que enviar a nosa solidariedade e apoio e instar aos organismos internacionais e ao goberno español a asumir a súa responsabilidade e a que permitan ao pobo saharauí exercer o seu dereito á autodeterminación e á independencia.

A RASD e a Frente Polisario, que sempre escolleron o camiño da paz, están a verse forzadas a escoller a guerra para defender o seu pobo. E por iso está convocada unha concentración en solidariedade co pobo saharauí o próximo mércores 18 de novembro, ás 19h, diante do MARCO en Vigo.