Concentración por un convenio de autoescolas digno!

335

As compañeiras asalariadas das autoescolas de Bizkaia, fartas de ser ignoradas por unha patronal que esquiva sentarse a negociar un convenio provincial que leva unha década sen actualizarse, decidiron plantar cara aos abusos e convocar dous días de folga.

Hoxe, como mostra de apoio e solidariedade coas compañeiras vascas, as traballadoras de autoescolas da provincia de Pontevedra concentrámonos nas portas da Xefatura de Tráfico en Vigo, enviando unha mensaxe clara á patronal das autoescolas: se non se sentan a negociar un convenio provincial, a folga vai ser a resposta!