CONCENTRACIÓN POLA LIBERDADE DE MIGUEL

66

O mercores 29 celebrouse en Vigo, fronte ao mercado do Calvario, unha concentración para esixir a posta en liberdade do traballador e compañeiro Miguel.Na concentración quedou patente que o pobo traballador non vai permitir a súa castración por parte do capital. A situación de crise sistémica, sen volta atrás, leva ao capital a tomar todo tipo de medidas para salvagardar a súa cota de ganancia, e para conseguilo está disposto a utilizar todas as ferramentas que teñan ao seu alcance para nos explotar e nos expropiar económica, física e psicoloxicamente. Calquera reacción obreira será aplastada para que o exemplo non se expanda, a violencia do capital e a ferramenta da “súa democracia”, pero onte recordamos que son non son quen de nos intimidar a vitoria será nosa.Onte a clase obreira galega dixo TRABALLADORES FÓRA DA CADEA, MIGUEL LIBERDADE!!