Concentración o 17-N da Plataforma “Emerxencia Dependencia”

103

O 17 de novembro ás 11 h a plataforma “Emerxencia Dependencia” convoca unha concentración diante do Parlamento de Galicia, coincidindo co debate dos orzamentos do ano 2026, co obxecto de reivindicar unha partida xusta para o eido social que poida garantir a prestación de servizos públicos de calidade e en condicións dignas tanto para a cidadanía como para as traballadoras.

Esta plataforma, da que a CUT participa, xorde da unión de diferentes organizacións, sindicatos, grupos políticos e colexios profesionais coa finalidade de denunciar os recurtes, o desmantelamento e o absoluto colapso que está a sufrir o sistema galego de atención á dependencia.

Reclámase, dende esta plataforma, un sistema público dotado de recursos, persoal e servizos abondo para garantir a cobertura das necesidades dos galegos e galegas.