Concentración en solidariedade coas traballadoras e traballadores de Urbaser Lugo

68

A CUT convoca unha concentración diante do Concello de Redondela o luns día 30 de xuño en solidariedade cos traballadores e traballadoras de URBASER Lugo que levan 18 días en folga co despedimento en pleno do Comité de Folga e cerca de 70 sancións.

Os traballadores e traballadoras de URBASER Redondela, onde temos a representación, solidarízanse cos folguistas e advirten á empresa que non van deixalos sos nesta loita, ao igual que os compañeir@s de Compostela, onde adiantase a convocatoria de folga polo convenio, pois esta empresa non ten outro interese, sexa o concello  que sexa, que a explotación dos e das traballadoras e a precarización do servicio  público.