Este martes 18 de setembro tivemos concentración diante de FRIOYA, onde a empresa OS CARGADORES ten o seu centro de traballo. Estivemos alí para denunciar o despedimento dun compañeiro mentres estaba de baixa por accidente laboral, accidente que se produciu polas condicións de continuo risco nas que se traballa.
Pero este non era o único motivo, tamén estabamos ali para denunciar as condicións de explotación nas que están a maioría dos traballadores e traballadoras. A CUT xa presentou as denuncias pertinentes diante da Inspección de Traballo, unha vez que esta ditamine decidiremos os seguintes pasos a dar.
A historia en OS CARGADORES comezaron a escribila as traballadoras e traballadores, a etapa da explotación rematou, a empresa debe tomar nota, e de nada lle valerán os seus cómplices de CCOO e UGT.