Concentración dos delegados e delegadas da CUT

75
No dia onte tal e como estaba previsto celebreouse a concentración dos delegados e delegadas da CUT na porta de Citroen, así como alguns afiliados/as convidados, para denunciar no dia mundial da saude, as condicións de traballo nas cales se encontran os/as traballadores/as do centro de vigo, que distan moito do que a empresa intenta vender no exterior.
O acto celebrouse nas portas da fabrica  na entrada principal, e foi repartido un boletin denunciando a realidade do que sucede en citroen, os viandantes, así como os condutores dos vehiculos que paraban xusto enfronte a concetración,  cando o semaforo da entrada de citroen estaba en vermello, repartindose entre varios compañeiros polo medio dos coches. Recibimos varias mostras de apoio a inciativa por parte dos traballadores/as do centro , asi como alguns ex traballadores/as e viandantes en xeral.
Con este acto queremos denunciar que baixo o paraugas da competitividade, e o medo instauraudo entre os traballadores/as en xeral, as condicions de traballo cada dia son mais duras con repartos de traballo irrealizables na fábrica, e no sector do automobil en xeral. O alto porcentaxe de traballadores/as que caen de baixa, e a consecuencia dos altos ritmos de traballo da fábrica de vigo, e das lesions que sufren a consecuencia dos postos de traballo, que en moitos casos ou na gran maioria son desviados a seguridade social, xa que a empresa e a mutua non queren facerse cargo, para poder benefiarse dos famosos “bonus malus”, onde aquelas empresas que declaren menos accidentes teñen exencións fiscais por parte do goberno.
Con este acto, tamen queremos denunciar a posta en marcha por parte da empresa dun novo plan chamado “PLAN PRESENTISMO 2015”, que conleva penalizar os/as traballadores/as limitados podendo incluso reducir o seu contrato de traballo de 8 horas a un inferior de 6 o 4 horas, con accions disciplinarias e incluso depidos para os traballadores/as que collan moitos procesos de Incapacidade temporal. Asi como queren realizar unha por parte dos encargados entrevistas previas a aqueles traballadores/as que previo a unha ausencia por I.T ou licencia, se lle solcitan facilite os motivos da mesma, e que irá a figurar no expediente do traballador, vulnerando a sua intimidade e a propia Lei o noso entender, xa que aqueles traballadores con contratos de traballo mais precarios, non exerceran os seus dereitos recoñecidos na Lei por medo a represalias, ou non novar de contrato a consecuencia de non colaborar ca empresa.
Unha contradición co que acaban de presentar hoxe no dia mundial da saude na fábrica de vigo, onde contaron ca presenza de MARIA JOSE BRAVO BOSH delegada da xunta de galicia en vigo e BORJA OUBIÑA xogador do Celta de Vigo, e demais especialistas do SERGAS, como convidados na inaguración deste acto, segundo manifestan para axudar os traballadores/as da fabrica mellorar os hábitos saudables, onde realizaban valoracións a aqueles traballadores que quixeran, para verificar o seu estado de saude, e regalaban un podometro pagado cos cartos de todos e todas os contibuintes, e dar un imaxe de empresa modelo como esta acostumada a facer ca connivencia de parte do comité de empresa, que non ten nada que ver co que de verdade sucede portas adentro. Unha empresa que con cartos públicos da unha imaxe moi distinta da realidade, e despois desvia os casos de enfermidades profesionais os servizos publicos de saude, incrementando as listas de espera, e o gasto público, e simultanemante a xunta suvenciona actos como este, cando debera velar por un uso responsable dos servizos publicos non so os ciudadans, senon tamen das grandes muntinacionais, que non teñen todos os pequenos e medianos autonomos as mesmas axudas.
Unha vez rematado o acto de concentracion na porta, as 12 horas cando estaba previsto o inico do acto, os delegados da CUT desprazamonos o interior da fábrica, e no transcurso e inaguración do acto colocamos a nosa faixa denunciando a realidade do que sucede no interior da fábrica, ante a sorpresa dos presentes no acto, da propia delegada da xunta e do xogador do celta Borja Oubiña, a cal tamén se lle fixeron chegar os mesmos boletins repartidos anteriormente no exterior.
A causa real do absentismo da planta de Vigo esta escondida detras dos altos ritmos de traballo, un feito que como nas notas dos demais sindicatos coincidimos denunciar, e que a empresa fai oidos xordos.

* Manifestar dende a portavocia da CUT, o noso agradecemento para todos aqueles compañeiros e compañeiras que no dia de onte participaron na concentración, asi como o novo delegado de COPO IBERICA que se sumou a mesma xunto ca ex secretaria da CUT da comarca de Vigo.