En solidariedade coas traballadoras e traballadores da Xustiza en Folga, a CUT convoca unha concentración o vindeiro venres día 4 de maio ás 11 horas, diante do Edificio da Xunta en Vigo, na Praza da Estrela.
Despois de case 90 días en folga, despois da traizón sindical de UGT, CCOO, USO e CSIF, máis que nunca, precisan da nosa solidariedade e apoio porque a loita de clase atravésanos a todas.