CONCENTRACIÓN ÁS PORTAS DO NH-OBRADOIRO

106

Na tarde de onte a CUT concentrouse ás portas do Hotel NH Obradoiro en protesta polo despedimento da compañeira Pili Botana. A sede que a multinacional NH Hoteles mantén en Compostela recoñece a improcedencia e arbitrariedade do mesmo, sen expoñer xustificación algunha. Ao tratarse dunha traballadora combativa, membro activo da sección sindical que mantemos neste centro, ponse de manifesto a existencia dunha estratexia empresarial de represión sindical. Na folla informativa que a nosa central sindical repartiu á entrada do Hotel NH Obradoiro, denúncianse as manobras empresariais de compra de silencio e solicítase a unidade de todo o plantel. Asimesmo, faise un chamamento explícito ás outras dúas centrais sindicais presentes no comité (CCOO e UGT) a asumiren a responsabilidade que lles corresponde. A CUT non calará perante o recorte permanente de dereitos e continuará a mobilizarse ata conseguir a readmisión da compañeira Pili Botana.