A clase traballadora do mundo, forza capaz de mover a historia, xa demostrou que pode frear múltiples agresións contra os pobos cando temos o valor de organizarnos fóra das convencións, dos medos e dos xestos meramente simbólicos.
Donald Trump e Benjamin Netanyahu artellaron un plan de humillación colonial para aniquilar a Palestina, presentando unha falsa proposta de paz que pretende erosionar o consenso internacional sobre o carácter criminal do réxime sionista e facer desaparecer ao pobo palestino como tal.
Esta madrugada esa operación de cartón amosou as súas primeiras fendas. O Estado sionista secuestrou ducias de activistas co único obxectivo de manter ao pobo palestino illado, humillado e sometido á fame, co obxecto de quebrar a súa vontade.
O proletariado internacional debe responder con contundencia. A clase obreira italiana convocou unha folga xeral multitudinaria para este venres que moverá os piares do país.
Á clase obreira galega tócanos converter o 15 de outubro nunha xornada de folga xeral histórica que non será a última.
Non hai tempo que perder: non queda moito tempo antes de que o fundamentalismo desapareza á última crianza palestina. E isto non acontecerá coas nosa complicidade.
Secretariado Político da CUT












