Comunicado do comité de folga xeral: parar e acabar co xenocidio

498

Onte pola tarde-noite, cando os medios anunciaban a suposta fin do xenocidio, os bombardeos israelís asasinaron no oeste de Gaza 17 civís máis, que se engaden ás 67.194 persoas exterminadas.

A clase traballadora internacional logrou poñer en evidencia os discursos gobernamentais que durante décadas deron soporte cómplice a ese xenocidio, lexitimando ao Estado coa letalidade concentrada máis elevada do século. Grazas á mobilización da sociedade civil, o aillamento internacional de Israel está no seu máximo histórico.

“Ese plan garante a fragmentación de Palestina, a ocupación de arredor do 78 % do seu territorio e consolida a ocupación sobre máis da metade de Gaza, esixindo o desarme da resistencia palestina mentres permite que o exército israelí manteña o seu arsenal para proseguir a violencia.”

O chamado “Plan Trump”, que o propio “diaño laranxa” cualificou de “trampa mortal”  (“death trap”), procura restaurar un vello equilibrio internacional beneficioso para as elites da guerra, no que os responsables do exterminio quedan impunes. Ese plan garante a fragmentación de Palestina, a ocupación de arredor do 78 % do seu territorio e consolida a ocupación sobre máis da metade de Gaza, esixindo o desarme da resistencia palestina mentres permite que o exército israelí manteña o seu arsenal para proseguir a violencia.

“Que o pobo palestino busque na negociación e na tregua o alivio necesario diante da limpeza étnica non significa que a clase obreira internacional deba pechar o ciclo da mobilización.”

Que o pobo palestino busque na negociación e na tregua o alivio necesario diante da limpeza étnica non significa que a clase obreira internacional deba pechar o ciclo da mobilización. Ao contrario: as mobilizacións da clase traballadora e da sociedade civil galegas, que foron decisivas no aillamento internacional de Israel, e agora a súa folga xeral, convértense nunha garantía para que a ocupación remate e para que os xenocidas paguen polos seus crimes.

A mensaxe que recibimos onte de Palestina é inequívoca: “O movemento global debe continuar, perseguindo a ocupación e aos seus líderes mesmo despois de que se alcance un acordo de cesamento do fogo, para que Palestina poida permanecer viva na conciencia mundial ata que remate a ocupación

“Palestina non pode volver quedar abandonada no fondo da historia, sometida á volatilidade asasina dun proxecto colonial.”

Cumpriremos. Palestina non pode volver quedar abandonada no fondo da historia, sometida á volatilidade asasina dun proxecto colonial. O noso pobo conseguiu que o mesmo goberno de Pedro Sánchez que en maio de 2024 amparou o inicio do exterminio coa ladaíña do “derecho de Israel a defenderse” se vexa hoxe na obriga de bracear e denunciar internacionalmente o etnocidio.

O xenocidio non rematará mentres non remate a ocupación sionista sobre Palestina. O Comité de Folga advirte ás elites da guerra: non haberá concesións. O 15 de outubro as rúas serán do pobo obreiro. Nunha folga xeral que tamén é do pobo palestino. Nunha folga na que cada hora conta. Durante 24 horas de loita, dignidade e solidariedade.