Comunicado de solidariedade do sindicalismo de clase con LAB

70

Os sindicatos asinantes dsete comunicado queren amosar o seu rexeitamento á recente detención de 19 persoas en Euskal Herría, entre elas, varios avogados e avogadas do sindicato LAB, cuxas sedes foron, así mesmo, rexistradas.Desde o noso punto de vista, todas estas actuacións pretenden crear un clima de medo e inseguridade, e criminalizar persoas e organizacións vascas, como o sindicato LAB, nun momento de gran mobilización do pobo vasco que saíu á rúa de xeito masivo o pasado sábado 10 de xaneiro. Neste sentido, non é casual que a operación tivera lugar precisamente o día despois da masiva manifestación que tivo lugar para esixir a liberación dos presos e presas vascos, e a resolución do conflito por vías democráticas e dialogadas.Desde o sindicalismo de clase do estado español esiximos a liberación inmediata das persoas detidas e o cese da represión en Euskal Herria. Así mesmo, queremos trasladar toda a nosa solidariedade e apoio ao sindicato LAB e ás persoas e organizacións vascas que traballan pola normalización social e política do país.

13 de xaneiro de 2015
CUT Galicia.CGTCNTSAT de AndalucíaIntersindical ValencianaESKCSI de AsturiesIAC de CatalunyaCOS de CatalunyaCSC de CatalunyaSolidaridad ObreraCOBASFSOC de Islas CanariasIntersindical CanariaCUT de Aragón.Intersindical de Aragón.Confederación Intersindical