Comunicado de solidariedade con Venezuela ante o intento de golpe de estado

133

A Coordinadora dos Pobos da Federación Sindical Mundial quere manifestar a súa máis absoluta repulsa, así como a súa máis firme solidariedade co pobo de Venezuela, ante o intento de golpe de estado planificado polo imperialismo no contexto das eleccións presidenciais en Venezuela.

O imperialismo norteamericano e os seus lacaios unha vez máis botan man do vello libreto golpista aproveitando a celebración das eleccións presidenciais, pola vía de descoñecer uns resultados electorais que revalidan a Nicolás Maduro Moros como Presidente da República Bolivariana de Venezuela. Esta vez, o guión que repiten é o de pedir publicar as actas mesa por mesa; un exercicio que non se demanda nunca nas eleccións de ningún país, e que non se puido facer debido a un hackeo do sistema informático. Trátase de poñer en tela de xuízo un resultado electoral cuando o pobo vota ao contrario dos seus intereses.

A dereita venezolana, que é profundamente anti-democrática e ultra-dereitista, intentou de todas as formas posibles dobregar a vontade democrática do pobo de Venezuela, e é nese contexto no que hai que situar este intento de golpe de estado, xustificado nunha suposta fraude electoral. Porén, o que o candidato da oposición Edmundo González, que tén un pasado de graves vulneracións dos dereitos humanos en El Salvador, xunto coa ariete da internacional ultradereitista Corina Machado, o que realmente buscan é que haxa mortos en Venezuela, para así xustificar un golpe de estado contra a vontade popular de Venezuela exercida democraticamente.

O sindicalismo de orientación de clase do mundo non pode ficar impasible ante esta situación. Por iso, dende esta Coordinadora dos Pobos da Federación Sindical Mundial, denunciamos este intento de golpe de estado, e facemos pública a nosa posición inquebrantable de solidariedade e apoio ao pobo de Venezuela, e á vontade democrática expresada polo pobo de Venezuela o pasado 28 de xullo, avalada por centos de observadores internacionais de todo o mundo.

Coordinadora dos pobos da Federación Sindical Mundial; CSI Asturies, CUT Aragón, CUT Galiza, IAC Catalunya, Intersindical Canaria, Intersindical Catalana, Intersindical Valenciana, LAB Euskal Herria, COS Països Catalans Catalunya, twitter.com/@Peoples_WFTU