Dende a CUT amosamos o noso apoio ao Plan de Loita que desenvolven os nosos compañeiros arxentinos dende o pasado mes de agosto na terra irmá da Arxentina.
As súas necesarias reivindacións de melloras salariais mediante paros e folgas están a ser coaccionadas e perseguidas polo Goberno Provincial mediante prácticas de amedrentamento e redución de fondos á asociación en loita.
A terrible situación imposta polo goberno de ultradereita de Milei leva ao ataque directo da liberdade sindical no exercicio da folga e ás bases económicas que os manteñen que son as achegas voluntarias das propias afectadas.
Facemos un chamamento á comunidade educativa galega para difundir e dar apoio a esta mobilización e represión na Arxentina das nosas compañeiras integradas na FSM da que somos parte.