Comunicado da CUT ante a suspensión das xornadas sobre traballo sexual na UDC

612

Ninguén roubará a voz das traballadoras sen enfrontarse ás consecuencias. Desde a Central Unitaria de Traballadoras, e con especial fincapé desde a Secretaría das Mulleres, apoiamos ás traballadoras sexuais na súa loita contra as violencias putófobas, capitalistas, patriarcais, racistas e xenófobas que nos últimos días se verteron dende as elites e espazos de poder, ben foran as academias, as institucións ou os despachos de partidos políticos.

O posicionamento que cada persoa poida ter con respecto á prostitución non xustifica o silenciamento das oprimidas. Por esta razón, esta central sindical lamenta a cancelación das xornadas sobre traballo sexual e apoia fondamente ás traballadoras sexuais. Nunca soltaremos a man de ningunha compañeira! Hoxe e sempre: para todas, todo.