Comunicado Conxunto CUT-CGT, Centros de Vigo, Zaragoza e Madrid

CONCENTRACIÓN O PRÓXIMO 11 DE MARZO NA PORTA DE 13:00h A 14:30h

211

Ante a desinformación difundida de maneira interesada por Stellantis e os seus sindicatos servís, co único obxectivo de enganar ao persoal utilizando argumentos tan incongruentes como infantís intentando culpabilizar ao sindicalismo combativo pola perda da paga de beneficios, as seccións sindicais de CGT Stellantis Figueruelas, CUT Stellantis Vigo e CGT Stellantis Madrid, todas elas con representación nos diferentes Comités de Empresa, queremos trasladar á plantilla, cunha soa voz, o noso rexeitamento unánime á campaña de difamación e mentiras que están a levar a cabo para secuestrar a paga de beneficios como moeda de cambio para non acatar a sentenza do Xulgado nº 2 de Vigo. Nela, condénase a Stellantis España e aos sindicatos CCOO, UGT e SIT por causar DISCRIMINACIÓN directa e, subsidiariamente, indirecta por razón de saúde e contra as persoas traballadoras en situación de incapacidade temporal.

Cal é a verdadeira razón pola que Stellantis non aboa a paga de beneficios?

O acordo regulador asinado pola casta sindical e Stellantis sobre retribución variable di no seu artigo primeiro:

“las partes acuerdan fijar una prima anual, no consolidable, cuyo umbral de activación es el free cash flow operacional positivo apreciado sobre el perímetro total del grupo Stellantis, a cuya obtención queda subordinada la aplicación de dicha remuneración variable…”

A nosa pregunta é moi sinxela: Cal foi o Free Cash Flow comunicado polo grupo Stellantis? -6000 millóns de euros.

Con este resultado negativo e o acordo regulador asinado entre Stellantis e os seus sindicatos submisos, non correspondería paga de beneficios a ninguén. Esta é a verdadeira razón. QUE NON TE ENGANEN, o resto son técnicas ao máis puro estilo mafioso contra sindicatos que loitan constantemente polos dereitos das persoas traballadoras.

De feito, en Francia tampouco se cobra, nin noutras fábricas do grupo, e o bono anunciado polo presidente nada ten que ver coa paga que agora Stellantis quere facer ver que se suspende en España pola recente sentenza.

Todos estes abusos realízanse coa complicidade destas organizacións “sindicais” que se dedican a asinar absolutamente todo en contra das persoas traballadoras, recortando dereitos, salarios e mesmo en saúde laboral, incluíndo cláusulas “ilegais” que pretenden impedir a defensa da clase traballadora.

STELLANTIS, coa complicidade dos sindicatos servís, pretende atacar ao sindicalismo combativo cunha cortina de fume.

Por iso, rexeitamos ese “diálogo social” que practican como instrumento de contención para a clase traballadora, que serve unicamente aos intereses do grupo Stellantis en prexuízo dos dereitos laborais.

Os asinantes deste documento defendemos un sindicalismo combativo e de loita, comprometido coa mobilización. Hoxe máis ca nunca é necesario organizar a loita en defensa da clase traballadora, dos nosos dereitos laborais e non abandonala ata recuperalos. Só poderemos asegurar o futuro para todos e todas a partir duns postos de traballo dignos, cunha garantía de salario xusto e dereitos suficientes.

Os sindicatos CUT e CGT, con representación en Stellantis Vigo, Stellantis Figueruelas e Stellantis Madrid, decidimos poñer en común as nosas loitas, fomentando un proceso conxunto de mobilización do sindicalismo combativo.

Por iso, facemos un chamamento ás persoas traballadoras das tres plantas de Stellantis para mobilizarnos o próximo 11 de marzo ás portas das nosas fábricas e esixir o pago do bono anunciado polo presidente John Elkann para todas as persoas traballadoras do grupo sen discriminacións.

Así mesmo, denunciamos os intentos de desprestixiar o sindicalismo mobilizador e combativo practicado polas organizacións convócantes, por parte de STELLANTIS e os seus secuaces.

O próximo 11 de marzo debe ser unha xornada de loita que represente un paso importante na nosa reivindicación, pero sobre todo, debe ser un impulso para unificar as loitas coa unidade de acción de todas as persoas traballadoras.

¡Participa nas concentracións ás portas da fábrica!

ACUDE Á CONCENTRACIÓN O PRÓXIMO 11 DE MARZO NA PORTA DE 13:00h A 14:30h