Comisionista, a dirección de PSA Vigo?

103

Prima variable: O vindeiro Mércores 21, a Dirección da Empresa do Centro de Vigo, pretende darlle carpetazo o acordo da prima variable.

Un acordo, que visto dende fora pode supoñer unha mellora do reparto dos beneficios do grupo. Pero visto dende dentro, observamos que parte desa mellora, a Dirección de Vigo pretende COBRANOS unha COMISIÓN dos beneficios que reparta o grupo.

Pretenden sexa cal sexa o valor da paga, detraer da mesma 144€ equivalente o complemento de xubilación que uns temos no noso complemento individual, e a outros aportáselle nun plan de pensións subscrito con AXA, ata agora.

E dicir, se nos correspondera de paga 140€ da parte local, e 500€ da parte común, teriamos que cobrar un total de 640€ brutos. Pero esta Dirección tan propensa a innovar, deses 500€ aplícanos unha “COMISIÓN” de 144€, polo que o valor real da nosa paga seria de 496€ brutos.

Non só deixa de aportar o plan de AXA +50 € de maioración, a maiores aos eventuais xa non lle pagaran os 144€ ano deste complemento, ou a parte proporcional polos meses traballados. So a partires do 2018, aplicaranlle as teses da empresa de estar de alta 90 días no ano, e no mes de pago para poder cobrala. (senón cumpre os requisitos, non cobras nada, cousa que antes non sucedía).

Na parte local, entra o salario bruto anual con todos os complementos, horas extras, etc… E agora na parte común o valor para cobrar, terase en conta SO “Salario + Complemento Individual”, polo que o valor de calculo e menor.

Un camiño perigoso o que pretende iniciar esta Dirección de Vigo, parte do noso salario xa consolidado pretenden utilizalo o seu antollo, convertido en variable algo que xa tiñamos fixo. Podería darse o caso incluso dos que non o teñan no seu complemento individual, o perdan. Ollo!!!. O mais garantista e ético, como propuxo a CUT, é que a todos lle integren no seu complemento individual, e os eventuais que o cobren mes a mes.

Curioso é tamén que sendo tan propensos a homoxeneizar as condicións entre o Centro de Vigo, e Madrid, neste ultimo non se este negociando o mesmo. Pero que vai a suceder cos cartos que nos detraian da prima?, e cos cartos que aforran de aportación o plan de pensións?, así como os que deixen de pagarlle os eventuais?. Para quen van a ser utilizados eses cartos?, serán repartidos entre os cadros e directivos da empresa?.

Esta Dirección aproveita calquera ocasión para meternos a man no peto, pero peor é aceptar esta chantaxe parte dos que din representar os/as traballadores/as. Defenden que antes non tiñamos nada, e agora polo menos temos algo, e con iso xa lles vale para argumentar a súa sinatura.

Pero por xustiza e dignidade, non podemos permitir este novo ATRACO!!!.

Calendario Laboral 2017:

Sobre o mesmo, a CUT fixo unha serie de peticións de cara este o ano 2017, como establecer dous días de desfrute individual, no lugar dun. Modificación nas vacacións, e outros aportes que podedes ver no escrito remitido a Dirección na nosa paxina web.

Compactación de quendas:

A Dirección e parte do Comité o venden como unha mellora, social e de conciliación incluso de cara os/as traballadores/as, visto coma sempre dende o seu punto de vista.

Dende un punto de vista racional, pode entenderse favorece a mesma, sempre e cando respecten os días de parada e non os modifiquen na mesma semana, ou os horarios no mesmo día, que por convenio poden prolongalos ata en 30 min por enriba do horario previsto. E tampouco se comprometen a non superar as 8h de traballo día. De todo esa flexibilidade non queren falar.

No terreo económico cabe subliñar que nas quendas do día non ten repercusión, pero na quenda de noite si o ten. Perdese un prometio de 33€ mes de salario, xa que as horas que mais complemento nocturno perciben os da quenda de noite, son as primeiras 4 horas, despois decrece. (Atraco salarial de 2014).

En resumo, a Dirección cando fai algo, e para obter sempre rendementos económicos, aforrando en salario e costes enerxéticos. Pero todo isto nunca tradúcese nunha pequena compensación de cartos do aforrado para os/as traballadores/as, senón para eles, que o grupo lles aboa por cumprir os seus obxectivos. Non o fan por unha preocupación de conciliación familiar dos/as traballadores/as da fabrica, como algúns queren vender.

Como no caso anterior, a CUT fixo entrega dun escrito con achegas sobre esta proposta a Dirección, e de consulta na nosa paxina web.