Constituíuse formalmente a Comisión Negociadora do ERE (Expediente de Regulación de Emprego Extintivo) e ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego) para os anos 16-18. A parte desa negociación, pretenden que na mesa tamén se negocie novas medidas de flexibilidade na fabrica. A CUT xa mostramos o noso rexeitamento a mesturar diferentes procesos negociadores. Fai uns meses durante a pasada negociación do Convenio Colectivo ,foi a empresa a que se negou a falar dos temas que nos interesaban aos sindicatos reducindo a negociación a so unha parte do articulado do Convenio Colectivo.
ERE, (Expediente de Regulación de Emprego Extintivo):
A Dirección da Empresa plántea un Expediente de Extinción, que afectaría a 400 persoas sobre unha plantilla de 5025, un numero mais que sorprendente, sendo a poboación maior de 58 a día de hoxe na fabrica de 216 persoas entre taller e técnicos. Din ser un ERE voluntario, pero xa sabemos como e a voluntariedade nesta Empresa, e xa nos están chegando rumores das chantaxes que están sendo sometidos a algúns traballadores/as que aínda teñen moita vida laboral por diante.
ERTE, (Expediente de Regulación Temporal de Emprego):
– Solicítano para 510 traballadores con saldo negativo inferior a -10 dias na actualidade, durante un máximo de 20 xornadas laborables.
– Adicionalmente un ERTE rotativo, por meses completos, para 158 persoas da estrutura excedentes, namentres non causen baixa polo ERE Extintivo.
A semana pasada a Empresa para evitar alarma no Centro, matiza que esta nova negociación non leva implícito tocar salarios. Un capitulo para ela superado. No día de hoxe “xa matiza” que pretende mais flexibilidade sen encarecer custes. E dicir, traballar mais horas e días polo mesmo prezo, xa sexa xornada de semana, ou fin de semana, que o final si vai ter consecuencias nos petos dos/as traballadores/as por moito que pretendan maquillar. Din que a flexibilidade en Francia e cara, “teñen que pagala”, e aquí pretenden que sexa a prezo de saldo.