O 3 de outubro de 1945 tiña lugar en París o Congreso Fundacional ao que asistiron 346 delegados e delegadas de 56 países. Daquela a Carta de Dereitos Sindicais aprobada estableceu o marco para a defensa da liberdade sindical a nivel mundial.
A FSM-WFTU pasou por distintos momentos na súa historia. Nos primeiros anos de andadura, a nosa internacional obreira foi vangarda na resposta ás políticas imperialistas (á creación da OTAN, á Doutrina Truman ou denunciando o Plan Marshall).
Dos anos 1949-1966, a pesar da belixerancia occidental, a FSM-WFTU medra en afiliados e en influencia. Cobrando especial importancia no labor solidario anticolonial, fundamentalmente en África.
“Neste encontro de conmemoración do 80 aniversario, no que o xenocidio de Palestina está moi presente, participan 241 delegados e delegadas de máis dun cento de sindicatos de 87 países de todos os continentes, entre eles a CUT.”
Os éxitos acadados nos anos 60 e 70 do século pasado foron empañados por unha profunda crise que se abriu coa caída da URSS. Produciuse unha gran presión para disolver a gran internacional desde distintos ámbitos e, a pesares diso, no Congreso de Damasco (1994) acordouse reafirmar a existencia da FSM e da necesidade do sindicalismo clasista.
No XVI Congreso de Nova Delhi ordenouse unha profunda restruturación para a nova etapa que chegou até hoxe.

Neste encontro de conmemoración do 80 aniversario, no que o xenocidio de Palestina está moi presente, participan 241 delegados e delegadas de máis dun cento de sindicatos de 87 países de todos os continentes, entre eles a CUT.
Viva a solidariedade internacional obreira!










