Hoxe comezaron as mobilizacións das traballadoras de PROCSA secundadas polos tres sindicatos con representación no comité (CUT, CCOO e UGT). Esta primeira foi unha concentración diante das instalacións da fábrica, coa intención de advertir á empresa que non estamos dispostas a transixir cun convenio que recorte os nosos dereitos. Teñen unha semana para reflexionar, despois chegarán os días de folga: o 27 de xaneiro, o 2 e o 4 de febreiro.
A pancarta que presidía o acto era ben clara: POR UN CONVENIO DIGNO. OS NOSOS DEREITOS NO SE CONXELAN. E nesta loita non cederemos.