Catro anos despois de que a CUT chegase aos comités de empresa da CRTVG, chega o momento de presentar unha candidatura de forza e con folgos renovados, coa intención de afondar no cambio introducido nestes anos para facerlle fronte a un modelo sindical pactista e desmobilizador doutras centrais sindicais.
O proceso electoral xa comezou hai uns días nas delegacións de Lugo e Ourense onde a CUT acadou os dous delegados que se disputaban. O vindeiro 4 de Xuño terán lugar as votacións no centro de San Marcos onde están en xogo 21 delegados/as, ao que seguirán as votacións dos centros de Vigo e A Coruña con 3 e 1 delegados respectivamente.No seguinte enlace podes consultar o programa:http://www.xente.mundo-r.com/cut