Xa van aló varios anos de video e foto activismo do grupo de compañeiras e compañeiros que se embarcaron na aventura colectiva do Galiza Contrainfo, un dos poucos medios de contrainformación popular deste País que lle está a dar cobertura ás iniciativas populares e que está a rexistrar e comunicar as accións constantes dun tecido popular e democrático que anda a desenvolver unha inmensa labor de construción nacional e emancipación social que se ve inevitabelmente invisibilizada xaora polos medios empresariais de desinformación masiva, xaora por aqueles proxectos xornalísticos galegos ao servizo do sectarismo e da miopía partidaria.É por iso, que unha central sindical como a CUT, achantada no principio da disidencia sindical, unha disidencia que non agrada nin debe agradar aos aparatos informativos do poder, comprende a necesidade do apoio mutuo e o compromiso na sustentabilidade destes proxectos fundamentais hoxe para a comunicación social de calquera alternativa nacional ou social ao pensamento cero. Son estes medios, polo tanto, unha peza fundamental no edificio todo dunha alternativa democrática.Hoxe, que as compañeiras e compañeiros deste proxecto fan un chamado á solidariedade económica, a CUT anima á súa afiliación e aos traballadores e traballadoras galegas, a facer aquelas achegas económicas das que sexan quen, a través da páxina web que o colectivo dispón: http://www.verkami.com/projects/2329-aoia-a-galizacontrainfo.Soster a alternativa democrática, e as súas ferramentas, é responsabilidade de todas e todos.