O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza confirma a permanente denuncia da CUT de que a Dirección Empresarial empresarial está a minar o dereito á folga a través de estratexias de esquirolaxe interna e obrígalle á reparación do dano provocado.
Nunha sentenza que pode ser considerada de histórica o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén confirmar as permanentes denuncias públicas que esta central sindical leva facendo ao redor das prácticas antisindicais que se producen na fábrica viguesa, na que calquera cousa vale con tal de atacar e limitar o dereitos laborais e sindicais, así como o dereito da folga: coa substitución de traballadores e traballadoras, a duplicación de horas entre o persoal, e mesmo botando man de notas e circulares internas que esta central ten calificado de intimidatorias.
A poñente da Sentenza, afirma que unha vez achegados indicios de que os dereitos do persoal foron vulnerados, lle correponde á empresa “la carga de probar que su actuación obedece a motivos razonables, extraños a todo propósito atentatorio de un derecho fundamental” o que non se produciu, polo que finalmente considera que “se produciu una actuación por parte de la empresa” vulneradora “del derecho fundamental de huelga reconocido en el art. 28 de la Constitución Española”.
O Tribunal resolve á luz da xurisprudencia que a coñecida como esquirolaxe interna (a substitución de traballadores/as folguistas por outras traballadoras e traballadores da empresa que non seguen a convocatoria) está proscrita por mandato legal.
Pola súa vez, o TSXG condena á multinacional do automóbil a abonarlle en concepto de danos 50.000 € á Central Unitaria de Traballadores/as pola gravidade da conducta antisindical ao tempo que deberá devolverlle ás traballadoras e traballadores afectados que demandandaron á empresa os salarios deixados de percibir por unha folga que a empresa quixo condenar ao fracaso, así como a indemnizalos con 457,70€ a cada un.
A folga foi a celebrada o 5 de Maio de 2015, coa visita do Presidente do Grupo Tavares ao Centro de Vigo, onde tamén se conmemoraba a produción do vehículo 12.000.000 millóns.
É a segunda vez que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condena a PSA Vigo polas mesmas circunstancias: vulneración de Dereitos Fundamentais e da liberdade Sindical. Recordemos o despedimento do noso compañeiro David, declarado nulo.