CIG e UGT en Viaqua: que vote a patronal

241

Ambos sindicatos, xunto coa empresa, defenden o dereito ao voto de altos cargos no proceso electoral que se está celebrando en Compostela

A CUT é maioritaria dende a súa incorporación a Viaqua entre as traballadoras e traballadores da rede de auga potábel e de sumidoiros e nas depuradoras. Pola súa vez, CIG ou UGT tiveron que conformarse con algún delegado ou delegada nas oficinas, que viñeron servindo aos intereses da empresa, freando as diferentes iniciativas sindicais e combativas, opoñéndose mesmo aos resultados das asembleas de almacén.

 

Por iso, a CIG e UGT iniciaron unha batalla electoralista por engrosar o censo das oficinas. Só así poden conseguir gañar as eleccións sindicais, outorgándolle maior representación a este sector. O preocupante é que para iso, nunha arbitraxe electoral celebrada o 5 de decembro na Coruña, tivemos que ver como a CIG e a UGT defendían a incorporación no censo de membros do Comité de Dirección, pero sobre todo a inclusión dun dos responsábeis de varios despedimentos que se levaron a cabo no pasado ano, sendo unha das persoas de confianza da empresa a nivel estatal.

Todo vale por un feixe de votos? Tanto CIG como UGT están adaptando as nosas vellas lendas: antes representar á patronal no Comité que perder as elección sindicais.