CIG E CCOO “ERE QUE ERE” EN SANTOS SL

169

Aínda que hoxe, 22 de febreiro, remataba o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego de redución de xornada apresentado pola empresa madeireira SANTOS Cocina y Baño SL, a Dirección non tivo que esgotar os prazos para ver estampadas no documento final as sinaturas dos delegados e delegadas da CIG e CCOO, a primeira delas con representación maioritaria na empresa. O acordo, este luns.A Sección Sindical da CUT opúxose dende o principio a esta medida, aínda máis gravosa se callar no contexto desta empresa que contablemente vén obtendo beneficios reiterados, mesmo no exercicio actual (2011), o que a sitúa por riba da media dos relatorios contábeis oficiais do sector.Con todo, o que máis sorprende, foi o compromiso da CIG, por negociar un “ERE” de redución de xornada procurando minimizar os efectos para venderlle ao cadro de persoal unha suposta redución de “impacto cero”, e facilitar así os axustes que a patronal propón para o inmediato, cunha vontade implícita de os ver consolidados.A vitoria da maioría sindical (co apoio de CCOO), propicia ao ERE, na Asemblea Xeral de Traballadoras e Traballadores foi manifesta, con só 28 votos en contra sobre un cadro de persoal de máis de 150 compañeiras e compañeiros.A CUT seguirá sensibilizando aos traballadores e traballadoras sobre os efectos nocivos dos Expedientes de Regulación como quintaesencia da reforma neoliberal do mercado de traballo, e seguirá situándose en contra de entregar de balde o conxunto de dereitos colectivos, ao tempo que parabeniza aos compañeiros e compañeiras de SANTOS SL, que puxeron a súa voz crítica contra esta medida, nunha empresa condenada xa por vulneración da liberdade sindical dun dos nosos delegados, onde a disidencia non resulta doada.