CIG: COMPLEXO DE INFERIORIDADE?

94

Unha vez que se convoca (a folga xeral) –nós non temos esa capacidade porque unha folga xeral debe ser a nivel estatal– temos que participar e facer o posible para que saia ben”. Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia.Nunhas poucas palabras este señor votou por terra a longa loita por un sindicalismo nacionalista de clase e independente.Unha vez que se convoca (a folga xeral) –nós non temos esa capacidade porque unha folga xeral debe ser a nivel estatal– temos que participar e facer o posible para que saia ben”. Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia.Nunhas poucas palabras este señor votou por terra a longa loita por un sindicalismo nacionalista de clase e independente.Unha vez que se convoca (a folga xeral) –nós non temos esa capacidade porque unha folga xeral debe ser a nivel estatal– temos que participar e facer o posible para que saia ben”. Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia.Nunhas poucas palabras este señor votou por terra a longa loita por un sindicalismo nacionalista de clase e independente.Unha vez que se convoca (a folga xeral) –nós non temos esa capacidade porque unha folga xeral debe ser a nivel estatal– temos que participar e facer o posible para que saia ben”. Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia.Nunhas poucas palabras este señor votou por terra a longa loita por un sindicalismo nacionalista de clase e independente.Unha vez que se convoca (a folga xeral) –nós non temos esa capacidade porque unha folga xeral debe ser a nivel estatal– temos que participar e facer o posible para que saia ben”. Suso Seixo, Secretario Xeral da CIG nunha entrevista concedida ao Xornal de Galicia.Nunhas poucas palabras este señor votou por terra a longa loita por un sindicalismo nacionalista de clase e independente.O sindicalismo nacionalista galego xa convocou a folga xeral: A primeira Folga Xeral realizada en Galicia convocouse, en solitario, pola INTG no ano 1984. Naquela época o sindicalismo nacionalista soubo afrontar a situación dando un paso adiante e demostrando a súa capacidade e vinculación á clase traballadora galega. A folga foi un éxito!. Hoxe, nunha situación cualitativa e cuantitativamente incomparable, a CIG é a segunda forza sindical do País, o sindicato cédelle o papel de dirección das dinámicas mobilizadoras aos sindicatos estatais. Coas manifestacións realizadas por Suso Seixo, ponse en dúbida a mesma razón de ser do sindicalismo nacionalista de clase.Se o sindicalismo nacionalista non pode convocar a folga xeral no seu país. Para que serve? Se estas declaracións non son apoiadas tanto pola dirección como pola militancia do sindicato deberían ser desmentidas inmediatamente.En Euskadi os sindicatos nacionalistas demostraron a falacia das afirmacións do Secretario Xeral da CIG. Coa súa capacidade de acción e dirección convocaron folga xeral nacional á que obrigaron a sumarse aos sindicatos estatais.Esta situación non é nova, a CIG actuou do mesmo xeito nas accións convocadas para responder ao recorte de salarios a traballadores/as da administración pública. Nese caso aínda sendo, por número de delegados/as, a primeira forza sindical de Galicia, fixo unha renuncia de responsabilidade sen precedentes agardando e sumándose tamén, á convocatoria dos sindicatos estatais.Ao respecto da crise económica e da reforma laboral a CIG veu facendo a mesma política que lles critica aos sindicatos estatais. Non creou dinámicas de resposta. Sabíamos todos/as e a CIG tamén que a situación de crise económica se non tiña resposta dos traballadores/as (de Galicia), ía ser a clase obreira (galega) a que a ía acabar pagando.Na nosa nación a CUT fixo varios requirimentos á CIG para, de xeito conxunto, dar a resposta necesaria, convocando unha folga xeral nacional. A CIG rexeitou en todas as ocasións a oferta de apoio expresada polo noso sindicato, agora sabemos o porqué. A CIG renunciou, á dirección das mobilizacións e da folga xeral. Pensa que non vai saír ben e non quere ser parte dun fracaso anunciado, así, tamén, se sae ben dirá que é porque o seu sindicato fixo ben as cousas.Na CUT pensamos que o sindicalismo nacionalista de clase é imprescindible. Tamén creemos que o sindicalismo nacionalista ten que actuar desde ópticas diferentes ao sindicalismo estatal, con funcionamento e dinámicas independentes.A autodeterminación que se reclama en termos políticos ten que transcender, tamén, ao eido sindical. É unha contradición en si mesma reclamarse como sindicato nacional e nacionalista e agardar que as dinámicas mobilizadoras se establezan e dirixan desde o centralismo máis estrito e estreito.