Se a historia fose outra e, sobre todo, se o pobo soviético non derrotase á Alemania nazi, aínda hoxe Georgi Dimitrov figuraría como o autor do incendio do Reichstag. A coartada que levara a Adolf Hitler ó poder en Alemania no 1933 vén de cobrar actualidade da man dos que fabrican a propaganda (información) ó servizo dos oligarcas do capitalismo coa utilización perversa da barbarie contra a revista satírica Charlie Hebdo en París.
Algún día tamén saberemos a verdade de quen moveu os fíos, máis alá da versión referida unicamente á yihad islámica. Tamén chegaremos a saber a verdade dos “atentados” ás Torres Xemelgas e o 11-M de Madrid, máis alá das versións policiais e das sentencias condenatorias. Co bárbaro atentado de París a coartada está servida para os gardiáns da política imperialista de Occidente.Alén da dialéctica fácil e do relato sobre o malos que son os musulmáns extremistas, o perfil do atentado a Charlie Hebdo é máis que sospeitoso, como o foron os disturbios provocados o pasado 22M cando as Marchas da Dignidade tomaban Madrid. As canles de televisión case nos transmiten en directo os pormenores do atentado. Inmediatamente a maquinaria de propaganda comeza a funcionar. Acto seguido, tódolos gobernos e dirixentes mundiais, como non podería ser doutra maneira, apresúranse a condenar a masacre.Evidentemente, calquera persoa sensata tense que estremecer co acontecido onte en París. Pero, en verdade, a solución non pode partir da versión cínica e falaz dos voceiros da oligarquía nin das condenas estériles. A verdade é outra e hai que sinalar sen medias tintas ós laboratorios e á maquinaria militar do que coñecemos como Occidente como os verdadeiros culpábeis do atentado a Charlie Hebdo.Os altofalantes do capitalismo están a traballar arreo. E a consecuencia inmediata será o modelado de millóns de conciencias, recreando todo un coro lexitimador de odio e desprezo a todo o musulmán, para que se obvien os verdadeiros problemas que afectan a esta Europa que pintan de democrática. A coartada está enriba da mesa e o guión e as receitas, inescusablemente, serán represivas e militares.As primeiras planas dedicadas a esta noticia, ademais da inevitable creación dun estado de opinión, virá a fortalecer, aínda que sexa de forma subliminar, as teses da UE, da Troika e do FMI de que votar todo o que non sexa ó PASOC e Nova Democracia en Grecia é o abismo. Vira a despexar o camiño para acrecentar máis presupostos policiais e gastos militares. Acábao de adiantar o Ministro de Defensa, Pedro de Morenés, durante a Pascua Militar no fociño do Rei Borbón.Aínda que nunca xustificaremos a barbarie do atentado á revista satírica francesa nunca deixaremos de denunciar que a verdadeira causa está nas políticas xenocidas dos gobernos da UE e nos deseños xeoestratéxicos do Pentágono. Onte foron doce persoas cruel e innecesariamente asasinadas, pero os responsábeis non nos din que eles acaban con miles de vidas tódolos días do ano en Palestina, en Siria, en Irak, en Libia ou en Afganistán. Non nos din que asasinan crianzas ou xente vella que nada ten que ver coa contenda. Nada disto é noticia.Os trapalleiros voceiros da oligarquía cóntanos que, supostamente, os membros do comando de asasinos foron instruídos en Siria sen aludir baixo que tutela. E o que non din, tampouco, é que esta guerra devastadora que ten lugar na rexión dos Omellas, igual que en Irak, ou Libia, ou no Sudán son un invento con fins xenocidas deseñado polo capitalismo. Tampouco nos contan que a lexión paranoica do ISIS que desbasta a Siria e a Irak é un artefacto dos Ransfield e dos Solana para acabar co único estado panarabista, e último aliado de Palestina, en Oriente Próximo.Que a coartada sempre perversa do capitalismo non nos impida ver a realidade. Só unha nova orde mundial asentada na xustiza social e na solidariedade internacionalista poderá curar o odio que xerou durante séculos a intervención imperialista e saqueadora nos pobos do Terceiro Mundo, nomeadamente no mundo árabe e musulmán. Non debemos de caer na trampa incriminatoria do inimigo. Nós, como estivo Lenin e a esquerda no seu día, estamos pola Paz e sempre contra toda guerra imperialista.Manolo Camaño