As asembleas de solidariedade coa loita dos traballadores e traballadoras de T-Solar tomaron máis un impulso para organizar entre o mércores e o venres da vindeira semana un ciclo de palestras nas que da man de persoas con experiencia nas diferentes materias pretenden “difunfir aínda máis conflito T-Solar na cidade, recabar apoios para a sua loita que é a de todas e todos, reivindicar o exemplo dos traballadores e traballadoras que levan meses defendendo os seus postos de traballo”.Onda esa óptica “a necesidade de xerar unha reflexión sobre a perda do emprego na comarca de Ourense, a destrución do tecido produtivo, a inexistencia dunha política industrial galega ou a asignación fraudulenta de fondos públicos a multinaciais como Isolux” son outras das cuestións que se colocan ao debate e o nutren, asumindo que se “o problema da continuidade de T-Solar é colectivo, as solucións deben selo tamén”.
PROGRAMA:
Dia 2 de Outubro às 19:30 no Ateneo de Ourense.
Coloquio sobre Cooperativas e Enerxías Renovables.
Falan: Manuel Jordán e Xoán Doldán. Profesores da USC.
Día 3 de Outubro às 19:30 no Ateneo de Ourense.
Coloquio: A (inexistente) política industrial galega.
Fala: Óscar Rodil-Marzábal. Investigador na USC.
Día 4 de Outubro às 19:30 no Café Auriense.
Coloquio: T-Solar. Historia, presente e futuro dunha loita.
Falan: representantes das traballadoras e traballadores.