Chapela apoia á plantilla de Pescanova nunha manifestación multitudinaria

282

O xoves soubemos que a mediación convocaba de novo ás partes para continuar coa negociación do convenio, e antes deso chegou o venres, un venres para a historia da clase traballadora. porque a parroquia de Chapela celebrou unha manifestación multitudinaria, arredor de 2000 persoas, en apoio á plantilla de PESCANOVA. Asitiron a Corporación Municipal, parlamentarios de Galicia e do Estado Español xunto con 30 asociacións sociais, culturais, deportivas e veciñais, pero sobre todo debemos destacar o apoio da veciñanza do Concello de Redondela.

Polas rúas de Chapela escoitáronse os berros a prol do mantemento das condicións dignas de traballo, escoitouse a indignación ante aqueles que pretenden converter Pescanova nunha marca sen contido humnano; escoitouse, en definitiva, que PESCANOVA é dos traballadores e traballadoras que a construíron co seu esforzo.

Ao final da manifestación, diante da factoría de Chapela e mentres o coro da dignidade pedía a demisión da directiva, leuse un manifesto que resumía o sentir de Chapela.

A loita continúa ata conseguir un convenio digno!!