CHAMAMENTO PARA A IMPUGNACION E AMPLIACIÓN DA OFERTA DE ESTABILIZACIÓN

1329

O día 30 remata o prazo para a impugnación da insuficiente oferta de estabilización publicada o 30 de maio pola Consellería de Educación.

Os criterios que levaron a reducir ao mínimo a oferta non se sustentan e por iso dende a CUT imos pedir nos xulgados a súa ampliación, xa que as organizacións da Mesa Sectorial de Ensino dan por pechada a loita que de certo nunca emprenderon pola estabilización docente.

A oferta de prazas é ampliable, como xa ocorreu nas oposicións de 2020 coa ampliación en prazo posterior das prazas de profesorado ténico de FP que incluso implicou un novo prazo de matricula. Aqueles que din que non hai nada máis que facer minten, a realidade é que non queren facer nada.

Aínda que xa temos moito traballo avanzado, necesitamos máis xente para que a reclamación chegue a bo porto. Precisamos que aquelas persoas INTERINAS durante todo o curso 21-22 se poñan en contacto con nós se cumpren os seguintes requisitos:

  • A túa praza era vacante (non pertencía a ningún outro funcionario en comisión de calquera tipo).
  • A persoa traballa como interino (todo o curso) dende o curso 2015-2016 como mínimo e con interinidade todos os anos. Tamén sería válido neste punto se fixo algún curso substitucións por exercer o seu dereito de restrición ou excedencia por violencia de xénero ou coidado de menor.

Se o curso pasado eras funcionario de carreira con adscrición provisional (funcionario en prácticas, en expectativa de destino ou nunha praza provisional por concilia ou comisión de saúde) e ocupabas unha praza vacante sen propietario dende antes de 2018 tamén podes axudar informando de que praza é para facela aflorar nesta impugnación.

Se te atopas nesta situación ou queres colaborar escríbenos a cutensino@cutgaliza.org

A CUT é un sindicato independente e sen subvencións. Se queres facer unha achega solidaria para a impugnación podes facelo na seguinte conta.

ES63 2080 5079 8230 4001 6819
Titular: Central Unitaria de Traballadoras
Concepto: Doazón ensino