Dende a CUT Ensino chamamos ás organizacións sindicais da Mesa Sectorial de Ensino, CIG, UGT e CCOO a exixir un acordo das mesmas características do que asinaron no Comité Intercentros da CRTVG xunto á CUT e USO. Dito acordo inclúe a consolidación de practicamente todo o persoal do ente público (98%), independentemente do tipo de contratacion, tras os paros e mobilizacións levadas a cabo coa unidade sindical que requiren estes procesos. Chamamos tamén ao sindicato ANPE, presente na Mesa, a exixir eses mesmos criterios aprobados xa por Función Pública. Estes mesmos criterios serán exixidos pola CUT na xuntanza á que hoxe se comprometeu coas afectadas o Subdirector Xeral de Recursos Humanos, José Luis Canosa.
Imaxe da concentración de hoxe ante a Mesa
É só cuestión de vontade que a Xunta de Galicia consolide ao profesorado ata acadar a cifra de temporalidade necesaria real no ensino público cifrada arredor do 3% do total, dando estabilidade ao seu persoal e acabando cunha situación que levará pola contra ao pagamento de cuantiosas indemnizacións, despedimentos e máis precariedade.
Así mesmo, a CUT Ensino chama aos sindicatos do ensino público galego a apoiar a folga rexistrada por nós para o vindeiro martes 3 de maio e mobilización, ou ben, acordar un calendario alternativo de protestas co persoal afectado ao que nos sumaremos.
Coordinadora Nacional da CUT Ensino
Compostela, 26 de abril de 2022
ACORDO ACADADO NA CRTVG POR CIG, CCOO, CUT, UGT E USO:
ACORDO CRTVG