CELEBROUSE A ASEMBLEA COMARCAL DO MORRAZO PREPARATORIA DO 1 DE MAIO

63

Onte martes, celebrose a Asemblea Comarcal do Morrazo da CUT a que asistiron ó redor dun cento de afiliados e afiliadas. En dita asemblea que presidiu a dirección do sindicato na comarca, valorouse con amplitude a pasada Folga Xeral do dia 29 de marzo, tanto na bisbarra como a nivel galego. A conclusión foi a de constatar o éxito da convocatoria e a necesidade de xestionar dita folga, de cara ás mobilizacións futuras, a próxima; a manifestación do 1º de Maio en Vigo.As numerosas intervencións habidas na asamblea, viñeron a reforzar o chamamento de movilización permanente realizado pola dirección do sindicato. Diante dun horizonte inmediato de intentar o desmantelamento do sistema sanitario público, do desmantelamento do sistema educativo, ou a reforma do código penal, os acordos da asamblea comarcal foron na aliña de demandar a convocatoria dunha segunda Folga Xeral.Outra reflexión que se fixo patente nesta asamblea comarcal, é o máis que previsible recorte das pensións, a pesar do cínico desmentido do goberno. Nese sentido acordouse adicarlle especial atención á información @s traballador@s pensionistas.Para a CUT esta campaña do 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, virá a ser a continuidade do chamamento feito na pasada Folga Xeral, e situarase nesta ocasión na defensa da Sanidade e da Educación públicas. Está previsto no marco da campaña, a difusión de catro mil manifestos na nosa comarca.O 1º de Maio a CUT celebrará manifestación en Vigo, ás 11 da mañá. Para o cal, está previsto o traslado en autobuses que partirán ás 10 da mañá da Estación de Cangas, para todos afiliad@s e simpatizantes que queiran asistir, tendo que reservar previamente praza na sede da CUT.