CARA ou CRUZ

79

O venres 28 celebrouse o día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo; dende a CUT conmemoramos ese día cunha manifestación e concentración na porta de PSA.
Ese xornada de xusta reivindicación foi para defender a saúde. Pola ergonomía, pola adaptación de postos, contra os ritmos de traballo, pola limpeza, contra a flexibilidade, contra a precariedade, contra a ocultación dos accidentes e enfermidades profesionais…. POLA SAÚDE E O FUTURO LABORAL
Agradecervos as compañeiras e os compañeiros que súmastevos a mobilización.

Ese mesmo día, a Inspectora de Traballo visitou a fabrica polas nosas denuncias en aspectos relacionados coa Seguridade e Saúde. Tras falar cos delegados do Comité de Seguridade e Saúde, reuniuse en solitario coa CUT.