O profesorado temporal decidiu en asemblea a convocatoria dunha concentración o próximo martes 26 ante a Consellería de Educación. Os docentes pedeimos á Xunta a correcta aplicación da Lei 20/2021 de Redución da Temporalidade e reclamamos máis do dobre das prazas publicadas de estabilización.
A CUT ten presentado un estudo no que cifra a temporalidade no ensino en máis de 2500 docentes en prazas estruturais dende inicio de curso, chegando a temporalidade total a máis de 18.000 profesoras no sistema galego.
Anunciamos folga para o día 3 de maio de non facerse unha oferta que ampare a todas as docentes contratadas por máis de 3 anos de forma temporal no sistema público que se convertirá en indefinida de non variarse o rumbo das negociacións.
O calendario de mobilizacións estenderase dende este martes (9.30 San Caetano) por todo o mes de maio, sendo a data límite de publicación da oferta de prazas a consolidar o próximo 1 de xuño.
Os docentes temporais e os compañeiros funcionarios deixaremos baleiras as aulas galegas de non garantirse a nosa consolidación nos próximos días.