Campaña nos centros sanitarios contra o poder das mutuas nas altas médicas

521

A Central Unitaria de Traballadoras levou esta mañá ata os centros hospitalarios e de saúde de A Coruña, Compostela,  O Morrazo, Ourense, Pontevedra e Vigo a súa campaña informativa contra a medida do goberno de Rueda que dá poder ás mutuas sobre as altas médicas (Resolución  do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica Consellería de Sanidade, pola que se acorda a publicación da modificación da Instrución do 1 de abril de 2019 pola que se establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal polos/as inspectores/as médicos/as e subinspectores/as sanitarios/as, controladores da xestión da incapacidade temporal, das unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral da Consellería de Sanidade).

“Continuamos así a campaña de información á cidadanía contra esta medida, que permite a interferencia inxustificada das mutuas patronais nos procesos de incapacidades temporais das traballadoras.”

As delegadas da CUT desprazáronse ata o Hospital Provincial de Conxo e o Complexo Clínico Hospitalario de Compostela, Complexo Hospitalario de Ourense, Hospital Abente e Lago de A Coruña, Hospital Provincial e Montecelo en Pontevedra, Hospital Álvaro Cunqueiro e POVISA en Vigo e centros de saúde de Cangas, Bueu e Moaña.

Continuamos así a campaña de información á cidadanía contra esta medida, que permite a interferencia inxustificada das mutuas patronais nos procesos de incapacidades temporais das traballadoras.

“Esta acción únese ao proceso xudicial contra a resolución do goberno de Rueda iniciado pola CUT e á campaña informativa nos centros de traballos realizada na semana pasada.”

Esta acción únese ao proceso xudicial contra a resolución do goberno de Rueda iniciado pola CUT e á campaña informativa nos centros de traballos realizada na semana pasada.

A CUT advirte do especial impacto desta medida sobre as persoas máis vulnerábeis: persoas con doenzas crónicas, patoloxías musculoesqueléticas ou problemas de saúde mental, e especialmente traballadoras precarizadas, mulleres, persoal de coidados, limpeza, diferentes sectores da industria, transporte e comercio. Son os sectores que máis presión sofren para reincorporarse e os que máis padecerán as consecuencias das altas prematuras.

Dende a Central Unitaria de Traballadoras chamamos á cidadanía á reaccionar contra este abuso e a camiñar cara unha mobilización nas rúas para poñerlle freo.

A saúde non é negocio.

Enfermar non é fraude.

Deféndete!

31
previous arrow
next arrow
Shadow