Campaña de solidariedade cos Traballadores Corsos

98

A CUT quere traslada-lo seu apoio ós compañeiros do Sindicato de Traballadores Corsos (STC), así como animar a colaborar na campaña de recolleita de sinaturas de apoio que establecen dende a súa web, ante a celebración do xuízo polo episodio do “Pascal Paoli”.MENSAXE DO STC:Queridos amigos, queridos camaradas,A sección SNCM do Sindicato de Traballadores Corsos (STC) ven de publicar un sitio na internet dedicado a consagrar o episodio do “Pascal Paoli” no seguinte enderezo:http://www.stc-marins.com

Postos na perspectiva dun vindeiro xuízo, do que aínda non se coñece a data (polo menos ata despois dunha entrevista co xuíz do caso, previsiblemente a finais de xuño), publicamos unha petición neste sitio da internet. Os mariñeiros o din con claridade: a sinatura masiva desta petición será un apoio na nova proba que van a afrontar, non coma malfeitores, si coma sindicalistas. A petición pode asinarse en liña: dado a coñecer o sitio, apelamos a todos os militantes e internautas, que se conecten e asinen.Cada organización pode, se así o desexa e de maneira complementaria, organizar tamén a sinatura manual da petición impresa sobre o papel. Así pode levarse a cabo unha campaña máis clásica nas administracións, empresas, nos mercados, etc…Agradecendo de antemán os comunicados no seguinte enderezo: STC, à l’attention de JL. Morucci, campagne « Pascal Paoli »,Rés. de l’Olmu, route d’Alata, BP 58320186 Ajaccio cedex 2 Tódalas iniciativas son benvidas.