Caballero, canto máis “galáctico” máis censor

242

Os bombeiros de Vigo levan meses protestando pola súa situación insostíbel, situación que obedece única e exclusivamente á política do alcalde Abel Caballero, e dicimos el porque se quere ser protagonista terá que selo de todo.

Supomos que para cadrar as súas contas prefire non convocar as prazas ás que está obrigado, prefire estar pagando 37.500 horas extraordinarias ao ano e prefire obrigar aos traballadores a facelas por decreto na vez de repartir o traballo, moi socialista el.

Non lle gustan as críticas aos emperadores, e cando as reciben só utilizan un camiño para calalas: A CENSURA.

Hai unha semana Vigo amenceu coas pancartas dos traballadores reclamando máis bombeiros para o servizo público, a reacción do alcalde foi ordenar a súa retirada inmediata, se foran luces led ou pancartas gabando os dinosetos aínda estarían postas.

Este luns, a ignominiosa cruz fascista do Castro e a panificadora en ruínas (dous símbolos desta alcaldía: autoritarismo e ruína pública) apareceron engalanadas con pancartas de protesta. Que fixo o alcalde? Tentar solucionar o problema? NON, CENSURA DE NOVO, mandou retiralas.

 

Que saiba este alcalde que non imos calar, vaise saber, gústelle ou non, a verdade: VIGO SEN BOMBEIROS.