Publicamos o burofax do despido de David.
- As alegacións da CUT entregáronse o 16 xullo as 20.00h, antes de rematar o prazo legal.
- A carta de despido asinase o 16 de xullo.
Cando menos resulta curioso que unha alegación con 31 folios se resolvese tan axiña, e a esas horas.
O dito, a decisión estaba tomada de antemán. Molestaríase o asinante da carta e os servizos xurídicos da empresa en leer as alegacións?. A resposta é NON.
Por non mencionar a casualidade de que o burofax fose enviado o venres 17 ás 14.43 para a entrega o sábado 18 de xullo( cando os nostálxicos conmemoran o “Alzamento Nacional”).