Bueu manifestáse en apoio d@s traballador@s de A. Alonso

70

O pasado venres, máis de dúas mil persoas sairon á rúa en solidariedade c@s traballador@s despedidos da conservería A. Alonso. Ás sete e media da tarde a explanada da Praza Masso, foise enchendo de veciñ@s para participar na manifestación que durante máis dunha hora, percorreu as principias rúas da vila do Morrazo.
Encabezaban a manifestación, unha faixa c@s seis compañeir@s despedid@s e as representantes sindicais. Tamén participaron distintos representantes políticos municipais e parlamentarias galegas. Durante o percorrido os asistentes corearon distintas consignas referida a empresa e a súa marca emblemática “Palacio de Oriente”.Como se dicía fai uns días desde a CUT, a folla de ruta para a loita obreira está deseñada, agora está en mans d@s propi@s traballador@ que aínda conservan o seu posto de traballo, darlle a estocada final coa Folga, que está convocada para mañá martes. Nese sentido, ó final da manifestación fíxose un chamamento público para estar presentes nas portas da fábrica a partir das cinco e media da mañá.Afirmamos isto, porque a empresa a través d@s seus capataces está a facer un traballo impresionante destinado a facer fracasar a Folga, creando unha constante tensión e crispación entre @s traballador@s. Desde a CUT, comprometemos o noso esforzo e palanca sindical até as últimas consecuencias. Sería unha irresponsabilidade gravísima de quen entre no xogo patronal de boicotear a loita obreira.Tamén para mañá martes ás nove da mañá, está convocada unha reunión de mediación antes as partes, na Inspección Provincial de Traballo. A CUT estará presente nesa xuntanza mediadora, pero ten reiterado que non negociará nada sen a readmisión previa d@s despedi@s.Nesta ligazón pódese acceder ao vídeo de GalizaContraínfo sobre a mani de Bueu.