Dende a Secretaría Feminista da CUT este 8 de marzo destacamos a figura de Begoña Caamaño -homenaxeada das Letras Galegas 2026- como xornalista, activista e muller comprometida en todos os ámbitos da súa vida.

A través da compañeira Mónica Rosas achegámonos á súa vida e obra, tomando forza de cada unha das súas palabras para poñer en valor a todas Penélopes, Circes e Morganas e a todas as mulleres silenciadas pola historia.

Deixamos a súa e nosa pegada a través dunha acción de rúa no parque que leva o seu nome en Compostela. Para que a súa historia e a de todas nós quede presente e non sexa esquecida.

Tomamos pulo para seguir loitando contra o machismo e o fascismo que pretenden asoballarnos e crear dende a nosa vida cotiá un novo mundo.
“É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por qué non? Da felicidade.” (Begoña Caamaño)
Reforzármonos, tecer sororidade, para que o 8 de marzo deixe de ser unha data no calendario e sexa unha nova realidade cada día.
Voz, loita e clase.












