Baixo o paraugas da competitividade

73

Baixo o paraugas da competitividade, e coa escusa de reducir os custes para adquirir o novo vehículo (K9), fai case un ano os/as traballadores/as da fábrica de Vigo, sufrimos o maior recorte económico e social da nosa historia. Sempre ca complicidade dunha maioría sindical “virtual” que se plegou aos intereses empresariais. Agora ó sector, igual ca nós, ca chantaxe de adquirir carga de traballo do (K9) exíselle os mesmos sacrificios, xa que o vindeiro ano entraran en proceso de negociación de Convenios en diferentes fabricas das auxiliares. Quizais tamén de aí a premura da nosa Empresa, en querer marcar as regras non so en materia económica, senón de máis flexibilidade laboral como xa se comeza a rumorear.
Cada día son mais as pezas que antes se realizaban en Ferraxe, Montaxe, etc… que agora se realizan en Portugal, Marrocos,…