A coordenadora da automoción da CUT denuncia que a saúde non é un negocio, esixindo que se lle poña freo ao regueiro de mortes que a precariedade laboral está a deixar atrás de si. Así mesmo fan un chamamento a que os Comités de Empresa do sector garden un minuto de silencio solidario na mañá do mércores 17 de xuño.
De xaneiro a abril faleceron un total de 231 persoas traballadoras en accidente laboral no estado. O ano pasado só en Galiza faleceron 65 persoas traballando, ocupando o 5º lugar no total do estado.
O venres día 5 de xuño un accidente laboral na empresa “Componentes de Vehículos de Galicia”, no polígono das Gándaras, acabou coa vida dunha traballadora atrapada por unha máquina hidráulica. A compañeira faleceu este pasado venres día 12. Esta traballadora, con contrato eventual, levaba menos de 6 meses traballando na empresa. A precariedade no sector da automoción está a incrementarse exponencialmente o que unido os altos ritmos e cargas de traballo, supón un serio risco para a sáude.
O ano pasado só en Galiza faleceron 65 persoas traballando, ocupando o 5º lugar no total do estado.