Asistencia da CUT ao congreso do SAT de Andalucía

265

A pasada fin de semana celebrouse en Marinaleda (Sevilla) o 4º Congreso do Sindicato Andaluz de Traballadores. A CUT asistiu como organización sindical convidada. Estiveron presentes organizacións sindicais de todo estado español.

Durante a nosa estadía no emblemático pobo de Marinaleda, os sindicatos fomos recibidos polo alcalde desta localidade, Sergio Gómez, quen nos explicou os avatares políticos e de xestión deste concello, onde priman as políticas a favor dos mais desfavorecidos, o traballo cooperativo e a solidariedade internacionalista.

O Congreso aprobou o informe de xestión co 75% dos votos. A Ponencia  de Acción Sindical foi aprobada co 82% e a elección do Portavoz do SAT foi unánime e recaeu en Óscar Reina, que repite nesta responsabilidade.

Tamén as delegacións convidadas fixemos unha visita ás instalacións dunha das oito cooperativas de Marinaleda, concretamente a planta de conservas vexetais de El Hunoso, onde se nos explicou as dinámicas de produción e transformación dos produtos envasados.