Asinados convenios colectivos de persoal laboral e funcionarios do Concello de Bueu

95

Despois de seis meses de negociación, hoxe quedaron asinados os Convenios Colectivos do Concello de Bueu, para @s traballador@s laborais e funcionari@s. A representación sindical na mesa negociadora estivo conformada por: CIG, UGT, CSIF e CUT. Como sería para sospeitar se fora o contrario, non foi nada fácil o proceso negociador.Non é para botar foguetes, pero para os tempos que corren e na actual deriva cara á desaparición da negociación colectiva, resistir e manter dereitos laborais é ben importante. Basicamente os contidos asignados serían os seguintes: Vixencia por dous anos (2014-2015). Equiparación en permisos, licencias, xornada laboral antre funcionarios e laborais. E tamén se pactou o primeiro paso para a equiparación salarial dos laborais cos funcionarios. A actitude reivindicativa constante, e o carácter asembleario impulsado pola Sección Sindical da CUT no Concello foi determinante.