Asinado o rescate da contrata de limpeza da USC

735

O día 1 de xullo asinouse o período de consultas, no que queda ratificado a internalización á volta do verán do servizo de limpeza nos Campus de Lugo e Santiago da USC (Universidade de Santiago de Compostela).

A pandemia e o complexo do proceso dende o punto de vista legal retrasou unha reivindicación que vén dende o ano 2018. A CUT tivo e ten claro que o modelo privatizado nas administracións públicas de servizos como o da limpeza só serve para o beneficio económico da patronal (CLECE, EULEN, FERROVIAL, URBASER…), que deterioran as condicións laboráis das traballadoras, incumpren constantemente os pregos de condicións e, en moitos casos, é foco de corrupción e enchufismo.

A anterior crise puxo o foco no gasto das administración públicas, ata o punto de que o propio consello de contas da Xunta de Galicia aconsella a xestión directa deste servizo por ser máis eficiente co diñeiro público.

Chegar ata o momento da asinatura da internalización foi longo, complexo e cheo de trabas. A anterior xerencia da USC fixo oídos xordos ás diferentes mobilizacións do persoal, ante a decisión de dividir en tres lotes a contrata (Campus Norte, Campus Sur e Campus de Lugo) ao mellor postor. A estratexia da patronal do sector foi renunciar e deixar deserto algúns destes lotes, táctica que funcionou nalgunhas administracións, que consistía en agardar un aumento sustancial da licitación para seguir coas marxes de beneficios.

Ante todas estas dificultades e a presión das traballadoras ante a división de lotes, a actual xerencia apostou polo rescate da contrata de todo o servizo de limpeza por medio da fundación 100% pública da propia USC.

O compromiso asinado no período de consultas é facer unha transición ordenada sen perda de dereitos enmarcados nos diferentes acordos vixentes e abrir un marco de negociación dun novo convenio para toda a fundación, no que a USC compromete a dotación dun fondo económico que mellore as retribucións das traballadoras, ligado á xestión eficiente pública. Tamén a posta en marcha dunha bolsa de contratación consensuada.

A inclusión na acta do período de consultas das propostas da parte social de redución da xornada laboral de 37,5 a 35 horas semanais, a equiparación de beneficios sociais do persoal laboral da USC e establecemento dun Plus Singularizado que permita a equiparación salarial co persoal do PAS, están enrriba da mesa como compromiso nesta nova etapa de negociación.

Agardamos posibles demandas da gran patronal de limpeza para evitar a toda costa que esta aposta pioneira no país teña éxito e outras administración sigan os mesmos ou similares para o rescate das contratas de limpeza, apostando polo público.

Para a CUT defender os servizos públicos é tamén non deixar en mans do capital a traballadoras esenciais que fan posible que todos os días as administración de todos e todas funcionen. Dito doutro xeito, quen limpa o lixo forma parte esencial da comunidade pública das universidades, colexios, hospitais, limpeza viaria, administracións… do noso país.

Por diante a prudencia e a ilusión desta nova etapa que se abre co fin de mellorar as condicións laborais das traballadoras e a aposta decidida de que a xestión público funciona mellor que a privatización.

A única batalla que se perde é a que non se dá! A loita é o único camiño!