Asina pola absolución de Diego Lores (Coia)

455

A Central Unitaria de Traballadores/as presta o seu apoio solidario con Diego Lores ante o proceso penal que está a piques de comenzar, solicitando a súa libre absolución.

Fartas e fartos como estamos de inventivas policiais e xudiciais, do dispendio de diñeiro público ao servizo da persecución política, e do incremento da intensidade represiva sobre as mulleres e homes xenerosos dos movementos sociais e populares pola igualdade, denunciamos o paripé que se está a crear para acalar voces disidentes como a deste compañeiro.

Compartimos con Diego o seu soño dunha sociedade baseada na xustiza social e a igualdade. Estaremos con el nas rúas as veces que faga falta para acompañalo. Se neste país queda un alampo de dignidade e se é aínda posible tumbar este sistema monstroso, é por compañeiras e compañeiros que como Diego Lores se entregan á loita contra a miseria e a barbarie.

Por iso, e no seo da campaña solidaria, convidámosvos a que asinedes a petición de absolución de Diego Lores.